4/18/08

Alfredo Gómez Cerdá, XIX Premio Ala Delta; Elena O’Callaghan, VIII Premio Alandar

Alfredo Gómez Cerdá, XIX Premio Ala Delta
O autor Alfredo Gómez Cerdá, coa súa obra Barro de Medellín, resultou gañador do XIX Premio de Literatura Infantil Ala Delta, convocado polo Grupo Editorial Luis Vives; dotado con 12 100 €.
O xurado, composto por Dª Pilar Careaga, directora de Publicaciones Generales del Grupo Editorial; Dª Marina Navarro, bibliotecaria; Dª Carmen Carramiñana, profesora; Dª Carmen Blázquez, crítica literaria; D Marcos S. Calveiro, escritor; Dª M.ª José Gómez-Navarro, como presidenta, e D Ignacio Chao, como secretario, decidiu, por unanimidade, declarar merecedor do premio ao orixinal presentado co título Barro de Medellín.
“Barro de Medellín non é unha experiencia persoal, pero si é fruto dunha experiencia persoal. Visitéi o ano pasado esta ciudade colombiana e —agora estou seguro— a propia cidade e a súa xente foron as que me regalaron esta historia. Tentei escribir un libro de personaxes e sentimentos, que son os libros que a mín me gustan. Sen sentimentalismo nen concesións. Personaxes con sentimentos, que viven unha existencia dura e, en apariencia, con poucas esperanzas, ó límite de todo e da nada. Personaxes que corretean a cotío sobre a corda frouxa da súa propia realidade. O estilo literario ten sido una búsqueda da sinxeleza, da concisión e a precisión, sen adornos, directo, donde non haxa nengunha palabra que sobre".

Elena O’Callaghan, VIII Premio Alandar
A autora Elena O’Callaghan i Duch, coa súa obra A lo lejos, Menkaura resultou gañadora do VIII Premio de Literatura Juvenil Alandar, convocado polo Grupo Editorial Luis Vives; dotado con 12 100 €.
O xurado, composto por D José Manuel Gómez Luque, subdirector general del Grupo Editorial; Dª Luisa Mora, bibliotecaria; Dª Lydia Carreras de Sosa, escritora; D Pablo Barrena, crítico literario; Dª Andrea Villarrubia, profesora; Dª M.ª José Gómez-Navarro, como presidenta, e D Ignacio Chao, como secretario, decidiu, por maioría, declarar merecedor do premio ao orixinal presentado co título A lo lejos, Menkaura.
“No Cairo, o conxunto das pirámides de Gizeh, revela aos turistas as glorias dun pasado esplendoroso. Pero tamén, e para quen o sepa ver, a miseria e a pobreza do presente. Á
sombra da pirámide de Menkaura, a máis coñecida polo nome grego de Micerinos, Gamal, un rapaz exipcio debullará o seu pasado para construir con esperanza o seu futuro.»

0 comments: