
Co fin de incentivar a creación literaria no ámbito do teatro, o Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais(IGAEM), adscrito á Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, dentro do seu obxecto básico dedesenvolvemento da política cultural en relación coa produción, a promoción e a difusión das actividades teatrais (previsto no art. 8 da Lei 4/1989, do 21 de abril, de creación do IGAEM), convoca a XVII edición do premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, a III edición do premio Manuel María de literatura dramática infantil
e a VI edición do premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, consonte coas bases da convocatoria publicadas en DOG nº 63, do 2 de abril de 2008.

0 comments:
Post a Comment