4/8/08

THE WHITE RAVENS 2008

"O SORRISO DE DANIELA", PUBLICADO POR KALANDRAKA,
OBTÉN A DISTINCIÓN ‘THE WHITE RAVENS 2008’
No ano do seu décimo aniversario, a editorial incorpora o seu oitavo título a esta lista de honra
O libro de KALANDRAKA titulado "O sorriso de Daniela", escrito por Carmen Gil, con ilustracións de Rebeca Luciani, vén de ser incluido na lista ‘The White Ravens 2008’ (Os Corvos Brancos). Esta distinción recoñece "O sorriso de Daniela" como un dos mellores álbumes infantís publicados en toda España durante o pasado ano.
Nesta selección, realizada pola Biblioteca Internacional da Xuventude, con sé en Munich (Alemaña), figuran 250 libros infantís e xuvenís en máis de 30 linguas procedentes de 50 países.
En anteriores edicións dos ‘White Ravens’, tamén foron distinguidos outros títulos de KALANDRAKA: "Animais de Compañía" (1999), "Tío Lobo" (2001), "Onde perdeu Lúa a risa?" (2002), "O zapateiro e os trasnos" e "Nunca Máis" (2003), "Paxaros na cabeza" (2006) e "Smara" (2007).

0 comments: