7/28/08

CONCURSO PARA SELECCIONAR A MENSAXE E MAIS O CARTEL PARA O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

A OEPLI COA ABPROBACIÓN DO IBBY E O PATROCINIO DO MINISTERIO DE CULTURA, CONVOCA UN CONCURSO PARA SELECCIONAR A MENSAXE DIRIXIDA A TODOS OS RAPACES DO MUNDO E MAIS O CARTEL DO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL QUE SE DIFUNDIRÁN O DÍA 2 DE ABRIL DE 2010 ENTRE OS SESENTA PAÍSES MEMBROS DA ORGANIZACIÓN INTERNACIONAL.

PRIMEIRA. Poderán participar todos os escritores e ilustradores, residentes en España, que teñan cando menos publicada unha obra infantil e xuvenil en calquera das linguas oficiais, sempre que se prsenten conxuntamente (escritor e ilustrador) co obxecto de garantir a debida relación entre texto e imaxe. Tamén se poderán presentar individualmente os escritores con ilustracións propias, ou os ilustradores co seu propio texto.

SEGUNDA. O tema ou moitivo da mensaxe, que se converterá no lema oficial do mesmo, será proposto libremente polos creadores. Non obstante, e a título meramente indicativo, sinálase a conveniencia e que se refira a ideas, asuntos ou valores de carácter universal, comprensible, polo tanto, polos nenos doutras linguas, razas, culturas, etc., que son os seus destinatarios. Ademais, tamén sería desexable que tanto a expresión escrita como a plástica ofrecesen o necesario equilibrio conceptual e estético.

TERCEIRA. Os textos poderán ser presentados en calquera das linguas oficiais mais no caso das linguas autonómicas, deberá acompañarse a correspondente tradución ao castelán, autorizada polo autor orixinal, se proceder.
CUARTA. As características técnicas ás que terán que axustarse os traballos son as seguintes:

-para o texto: un máximo de dous folios DIN 4-4 a dous espazos e por unha soa cara, dos que se presentarán un orixinal e seis copias.
-para o cartel: será unha cuatricomía dun tamaño máximo de 50 x 70 cm. Presentarase en soporte dixital acompañado dunha proba en plotter. Cómpre ter en conta que no neste han figurar as seguintes lendas:
-lema oficial (en castelán e inglés).
-Día Internacional do Libro Infantil (2 de abril de 2010).
-International Children´s Book Day (April, 2, 2010).
-Os logotipos de OEPLI, Ministerio de Cultura e IBBY.

QUINTA. Xuntamente cos orixinais, debidamente asinados, os autores presentarán os seus datos persoais e unha breve nota bio-bibliográfica, así como a observación de que optan conxuntamente aos premios establecidos, o ben individualmente ás dúas modalidades de texto e ilustración.

SEXTA. O prazo de presentación de traballos rematará o 17 de outubro de 2008. Poderán presentarse directamente, por correo certificado ou por mensaxería, na Secretaría da OEPLI (Rúa Santiago Rusiñol, 8, 28040-Madrid), de luns a venres polas mañás.

SÉTIMA. Establécese un premio único de 5.000 euros, que estará suxeito ás correspondentes retencións fiscais.
OITAVA.O xurado estará presidido polo Director General del Libro, Archivos y Bibliotecas, ou persoa en quen delegue, e integrado pola Presidenta da OEPLI, un representante do Comité Executivo do IBBY e un representante de cada unha das seccións da OEPLI.

NOVENA. O xurado non tomará en consideración aqueles orixinais que non se axusten enteiramente ás bases e resérvase a facultade de declarar deserto o premio se algunha das partes (texto ou ilustración) non se axusta á finalidade perseguida.

DÉCIMA. O fallo farase público no mes de xaneiro e presentarase ao IBBY durante a Feira de Boloña 2009.
Os orixinais non premiados serán devoltos aos autores que o soliciten nun prazo de tres meses dende o fallo.

UNDÉCIMA. Os autores comprom´tense expresamente a ceder gratuitamente os dereitos de tradución, reprodución e difusión das súas respectivas obras en todos os países membros do IBBY.

DUODÉCIMA. A presentación de orixinais supón a aceptación plena das presentes bases.

0 comments: