7/17/08

80.000 cartas de inverno en catalán


A nosa literatura infantil-xuvenil segue a despechar portas e abrir camiños polo mundo adiante. Os nosos escritores/as, ilustradores/as e editores/as sitúanse moitas veces na vangarda da trasmisión da nosa cultura, porque o seu gran traballo dende un país pequeno recibe cada vez máis recoñecementos, non sempre ben coñecidos entre nós. Por iso debemos felicitarnos da información da Editorial Bromera, que vén de sacar ao mercado a 18ª edición dunha das novelas máis vendidas da nosa lix, Cartas de inverno, da que, segundo informa a editora, xa se levan vendidos en catalán 80.000 exemplares! Parabéns a Agustín por tal éxito! Adiante, sempre!

0 comments: