8/12/08

JÚRG SCHUBIGER E ROBERTO INNOCENTI, GAÑADORES DO PREMIO HANS CHRISTIAN ANDERSEN 2008 DE CREACIÓN E ILUSTRACIÓN RESPECTIVAMENTE









No mes de abril, nunha cerimonia que tivo lugar na feira de Bolonia, IBBY anunciou os gañadores dos Premios Hans Christian Andersen 2008.
Foron Jürg Schubiger (Suíza), na categoría Autor, e Roberto Innocenti (Italia) na categoría Ilustración.
Os Premios entregaranse aos gañadores durante a cerimonia inaugural do Congreso de IBBY en Copenhague, Dinamarca o próximo domingo 7 de setembro de 2008.

JÜRG SCHUBIGER, MEDALLA HANS CHRISTIAN ANDERSEN AUTOR
Ao lle outorgar a Medalla Hans Christian Andersen para Escritura a Jürg Schubiger, o xurado distingue un "narrador moi poderoso que fascina o lector cunha lúdica reflexión sobre o proceso creativo. Os seus breves contos filosóficos están narrados por medio de metáforas cribles desde unha perspectiva infantil que fascina o lector. A humanidade e a universalidade son as características máis importantes das súas obras".
EN GALEGO PODEMOS LER AS PALABRAS DESTE AUTOR NO LIBRO ASÍ COMEZA TODO: libro que é unha viaxe de ida e volta en que a través de 34 historias alternas, dous poetas, Jürg Schubiger e Franz Hohler, contan e supoñen historias de cómo foi a creación: o ceo, a terra, a lúa, as estrelas, os seres humanos, os animais, as cousas… e sobre como comezou todo cando o grande paxaro negro abriu a porta que daba á nada. Cal foi o primeiro invento que realizaron os seres humanos? Cal foi a primeira lingua? Cal a primeira frase completa que pronunciaron? De onde lles veñen os nomes aos animais? De onde vén o frío? Por que os leóns comen carne? Por que o demo é malo? Os autores fan preguntas e encontran respostas, e fano con filosofía, cun ton poético, con seriedade e con moito humor. O libro foi publicado en galego por EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA.

ROBERTO INNOCENTI MEDALLA HANS CHRISTIAN ANDERSER ILUSTRACIÓN
A Medalla Hans Christian Andersen 2008 para Ilustración distingue a Roberto Innocenti como un ilustrador maxistral que aborda con intensidade xéneros diversos. Os seus relatos históricos de épocas de guerra, en especial o holocausto, invitan os mozos a reflexionar respecto dos graves problemas do mundo. Interpreta tamén clásicos da literatura infantil desde un punto de vista completamente diferente. O poder narrativo das súas imaxes é impresionante.
En a editorial Kalandraka publicou As aventuras de Pinocho volume ilustrado por Roberto Innocenti a partir del texto clásico de Carlo Collodi; A Innocenti podemos desfrutalo en "galego" en obras como A Historia de Erika ou Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis, tamén editados por Kalandraka.
Schubiger foi seleccionado entre 30 autores nominados ao premio. Os outros finalistas (en orde alfabética por país) foron:
Bartolomeu Campos de Queirós (Brasil)
Brian Doyle (Canadá)
David Almond (Gran Bretaña)
Guus Kuijer (Holanda)
Innocenti foiseleccionado entre 30 ilustradores nominados. Os ootros finalistas (en orde alfabética por país) foron:
Isol Misenta (Arxentina)
Svjetlan Junakóvic (Croacia)
David Wiesner (EE.UU.)
Adolf Born (República Checa).

O Presidente do Jurado, Zohreh Ghaeni (Irán) conduciu o Xurado do Premio Hans Christian Andersen 2008 durante as súas reunións en Basilea, Suiza, os días 26 e 27 de marzo de 2008.
O Xurado do Premio Hans Christian Andersen estivo integrado polos especialistas en literatura infantil:
Nataliya Avgustinovich (Rusia),
Isabelle Nières Chevrel (Francia),
María Jesús Gil Iglesias (España),
Nadia El Kholy (Egipto),
Annemie Leysen (Bélgica),
Bill Nagelkerke (Nueva Zelanda),
Alicia Susana Salvi (Argentina),
Francine Sarrasin (Canadá),
Helene Schär (Suiza) y Junko Yokota (EE.UU.).
A Vicepresidente de IBBY Elda Nogueira (Brasil) e a Directora de IBBY Liz Page (Suiza) participaron da reunión ex officio.

0 comments: