Premios Merlín e Fundación Caixa Galicia 2008
O 7 de xuño déronse a coñecer os fallos dos Premios Xerais 2008, en concreto a XXV edición do Xerais de Novela, a XXIII edición do Merlín de Literatura Infantil e a III edición do Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil.

A gañadora do Premio Merlín de literatura infantil foi Mar Guerra Cid por Xenaro e o misterio da mochilota verde. Presentáronse 32 orixinais.
A gañadora do Premio de literatura xuvenil foi Marilar Aleixandre por A cabeza de Medusa. Presentáronse 28 orixinais.- O gañador do Premio Xerais de novela foi Manuel Lourenzo González por O Xardín das Pedras Flotantes. Presentáronse 54 orixinais. Aínda que este premio non ten relación directa con este blog, incluímolo, primeiro, porque trata duns adolescentes, e segundo, porque este mesmo autor gañou en 2003 o premio Merlín de literatura infantil por Irmán do vento e porque se trata dun autor xa consolidado dentro da literatura infantil e xvenil galega.

0 comments:
Post a Comment