9/18/08

MARCOS S. CALVEIRO, PREMIO O BARCO DE VAPOR 2008


Marcos S. Calveiro, Premio O Barco de Vapor coa novela 'O canto dos peixes'


O escritor arousán Marcos Sánchez Calveiro resultou gañador da 24 edición do Premio O Barco de Vapor, dotado con 10.000 euros e a publicación da obra, coa súa novela O canto dos peixes, segundo informou este luns a Fundación SM, organizadora do certame.
O xurado, formado por Xavier Senín, Manuel Figueiras, actual presidente de Gálix e Isabel Soto, sinalou que a novela premiada ten "unha escritura de gran valor literario, cun léxico moi rico sobre o mar". Ademais, na acta figura que a obra "reivindica a importancia do mar para a sociedade galega que, en ocasións, lle deu as costas ".
Segundo o propio autor, O canto dos peixes é "unha novela contemporánea" que relata a amizade entre un vello mariñeiro e un neno marcinal. "É unha historia con matices fantásticos e cunha trama simbólica sobre un mar que morreu. As personaxes intentarán descubrir o conxuro que poña fin a esta maldición.”O Premio O Barco de Vapor busca desde 1984 potenciar a creación de literatura infantil e xuvenil en galego que fomente o gusto pola lectura e que transmita uns

0 comments: