9/23/08
ILUSTRACIÓNS PARA A BOLOGNA CHILDRENS BOOK´S FAIR
Un recordatorio de DATA para mandar as ilustracións á feira de Boloña, un dos eventos máis importantes do ano para autores e ilustradores de todo o mundo. A data límite de envío é o 15 de Outubro.
Recordade que se o ano próximo ides a Boloña, por participar recibiredes unha entrada.
Resumindo:
-Enviade 5 ilustracións publicadas ou non (dunha serie)
-Hai 2 categorías fiction (ficción) e non fiction (realistas)
-O tamaño máximo para ficción é de 32 x 42 cm (ou 42 x 32 cm) e para as realistas 50 x 70 cm (ou 70 x 50 cm). Descargade as etiquetas (labels) do sitio, imprímideas e pegádeas detrás das ilustracións. Cómpre mandalas a :
Illustrators ExhibitionFiction--- Non Fiction
Bologna Fiere SpaPiazza Costituzione 640128 Bologna - Italy
Cubride o formulario web (Entry Form) de pre-inscrición (non é imprescindible).
Subscribe to:
Post Comments (Atom)



1 comments:
Vou xustiño...pero tentareino. Grazas
Post a Comment