10/1/08

ARNAL BALLESTER, PREMIO NACIONAL DE ILUSTRACIÓN


O Ministerio de Cultura elevou á categoría de "Premio Nacional" o premio de ilustración, que dende este ano se outorga a un ilustrador/a polo conxunto do seu traballo no eido da literatura infantil e xuvenil e non, como ata agora, por unha soa obra.
ARNAL BALLESTER
Arnal Ballester (Barcelona, 1955) foi galardoado co Premio Nacional de Ilustración 2008. Está dotado, como o resto dos Premios Nacionais de Literatura, con 20.000 euros; é indivisible, non pode declararse deserto nin concederse a título póstumo.
Arnal Ballester é licenciado en Historia pola Universidade Autónoma de Barcelona. Comezou a colaborar en revistas de humor gráfico na década dos sesenta. Na actualidade dedícase a ilustrar libros para nenos e ademais cultiva outras facetas artísticas como o cartelismo e o debuxo animado. É profesor de ilustración na escola Massana de Barcelona e na Escola Professional da Dona.

0 comments: