11/11/08

VI Premio de ilustración Pura e Dora Vázquez

O pasado mes de xullo foi convocado en Ourense o VI PREMIO DE NARRACIÓN E ILUSTRACIÓN INFANTIL E XUVENIL “PURA E DORA VÁZQUEZ no que, como xa vos informamos neste mesmo caderno, resultou gañadora a obra de Concha Blanco “Encontros ás agachadas”. Agora só queda cumprimentar a segunda parte da convocatoria, que quedou aberta no momento no que se produciu o fallo do xurado. O premio, igual ca o de narración, está dotado con 3.000 euros. @s interesad@s en participar xa podedes solicitar á Deputación de Ourense o texto a ilustrar. O prazo para a presentación das ilustracións orixinais remata o 20 de decembro.



Dende aquí convidámosvos a que vos mergulledes na espiral cromática e poñades a traballar a imaxinación, se cadra, entre algún de vós está o gañador ou gañadora desta edición...

Por se vos animades, podedes consultar as bases no seguinte enderezo: www.depourense.es/download/simeon/Bases_PuraeDora.pdf


Cando menos, o título é suxestivo...

Boa sorte e que as musas vos sexan propicias!!

0 comments: