28.7.08

FALANDO DE LIBROS, DEBUXANDO SOÑOS

CURSOS DE VERÁNS, FEIRAS DO LIBRO: AS NOSAS ESCRITORAS E ESCRITORES E AS NOSAS ILUSTRADORAS E ILUSTRADORES PERCORREN A XEOGRAFÍA GALEGA FALANDO DE LIBROS, DEBUXANDO SOÑOS.
I EDICIÓN DA FEIRA DO LIBRO NO CAMIÑO ORGANIZADA POLO CONCELLO DE MELIDE.
A primeira edición da Feira do Libro no Camiño organizada polo Concello de Melide, que se celebrou o último fin de semana do mes de xullo, contou coa presenza dun taller de contacontos a cargo de Santi Prego, así como senllos talleres de ilustración a cargo de Lara Pintos e Xosé Tomás.
MACUF, MUSEO UNIÓN FENOSA, CURSO DE VERÁN.
COMUNICAR ARTE - COMUNICAR (coa) ARTECurso de verán da Universidade de Santiago de Compostela.
O curso de verán celebrado durante o mes de xullo, que levou por título “Comunicar (coa) Arte”, dirixido polo escritor Xosé A. Neira Cruz contou coa presenza do ilustrador e pintor, Xosé Cobas que impartiu un obradoiro titulado: ”Imaxinar a través dos sentidos”. Houbo tamén unha mesa redonda que levou por título Libros con arte” na que participaron o escritor Xabier P. Docampo, a escritora, responsable de proxectos de QQO Editora Eva Mejuto, o ilustrador, humorista gráfico, director da revista Retranca Kiko Dasilva, o ilustrador e pintor Xosé Cobas e o escritor e investigador sobre ilustración Miguel Vázquez Freire.

CONCURSO PARA SELECCIONAR A MENSAXE E MAIS O CARTEL PARA O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

A OEPLI COA ABPROBACIÓN DO IBBY E O PATROCINIO DO MINISTERIO DE CULTURA, CONVOCA UN CONCURSO PARA SELECCIONAR A MENSAXE DIRIXIDA A TODOS OS RAPACES DO MUNDO E MAIS O CARTEL DO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL QUE SE DIFUNDIRÁN O DÍA 2 DE ABRIL DE 2010 ENTRE OS SESENTA PAÍSES MEMBROS DA ORGANIZACIÓN INTERNACIONAL.

PRIMEIRA. Poderán participar todos os escritores e ilustradores, residentes en España, que teñan cando menos publicada unha obra infantil e xuvenil en calquera das linguas oficiais, sempre que se prsenten conxuntamente (escritor e ilustrador) co obxecto de garantir a debida relación entre texto e imaxe. Tamén se poderán presentar individualmente os escritores con ilustracións propias, ou os ilustradores co seu propio texto.

SEGUNDA. O tema ou moitivo da mensaxe, que se converterá no lema oficial do mesmo, será proposto libremente polos creadores. Non obstante, e a título meramente indicativo, sinálase a conveniencia e que se refira a ideas, asuntos ou valores de carácter universal, comprensible, polo tanto, polos nenos doutras linguas, razas, culturas, etc., que son os seus destinatarios. Ademais, tamén sería desexable que tanto a expresión escrita como a plástica ofrecesen o necesario equilibrio conceptual e estético.

TERCEIRA. Os textos poderán ser presentados en calquera das linguas oficiais mais no caso das linguas autonómicas, deberá acompañarse a correspondente tradución ao castelán, autorizada polo autor orixinal, se proceder.
CUARTA. As características técnicas ás que terán que axustarse os traballos son as seguintes:

-para o texto: un máximo de dous folios DIN 4-4 a dous espazos e por unha soa cara, dos que se presentarán un orixinal e seis copias.
-para o cartel: será unha cuatricomía dun tamaño máximo de 50 x 70 cm. Presentarase en soporte dixital acompañado dunha proba en plotter. Cómpre ter en conta que no neste han figurar as seguintes lendas:
-lema oficial (en castelán e inglés).
-Día Internacional do Libro Infantil (2 de abril de 2010).
-International Children´s Book Day (April, 2, 2010).
-Os logotipos de OEPLI, Ministerio de Cultura e IBBY.

QUINTA. Xuntamente cos orixinais, debidamente asinados, os autores presentarán os seus datos persoais e unha breve nota bio-bibliográfica, así como a observación de que optan conxuntamente aos premios establecidos, o ben individualmente ás dúas modalidades de texto e ilustración.

SEXTA. O prazo de presentación de traballos rematará o 17 de outubro de 2008. Poderán presentarse directamente, por correo certificado ou por mensaxería, na Secretaría da OEPLI (Rúa Santiago Rusiñol, 8, 28040-Madrid), de luns a venres polas mañás.

SÉTIMA. Establécese un premio único de 5.000 euros, que estará suxeito ás correspondentes retencións fiscais.
OITAVA.O xurado estará presidido polo Director General del Libro, Archivos y Bibliotecas, ou persoa en quen delegue, e integrado pola Presidenta da OEPLI, un representante do Comité Executivo do IBBY e un representante de cada unha das seccións da OEPLI.

NOVENA. O xurado non tomará en consideración aqueles orixinais que non se axusten enteiramente ás bases e resérvase a facultade de declarar deserto o premio se algunha das partes (texto ou ilustración) non se axusta á finalidade perseguida.

DÉCIMA. O fallo farase público no mes de xaneiro e presentarase ao IBBY durante a Feira de Boloña 2009.
Os orixinais non premiados serán devoltos aos autores que o soliciten nun prazo de tres meses dende o fallo.

UNDÉCIMA. Os autores comprom´tense expresamente a ceder gratuitamente os dereitos de tradución, reprodución e difusión das súas respectivas obras en todos os países membros do IBBY.

DUODÉCIMA. A presentación de orixinais supón a aceptación plena das presentes bases.

EN BREVE TEREMOS O PRACER DE GOZAR DO NÚMERO DOUS DA REVISTA BLOC, REVISTA INTERNACIONAL DE ARTE Y LITERATURA INFANTIL

A REVISTA BLOC NACE COA intención de realizar un longo percorrido polo mundo da literatura infantil e da arte creando un espazo de análise e reflexión arredor da imaxe e da palabra, proxectando unha mirada especial á construción de mundos imaxinarios nos que o texto e a ilustración aparecen xuntos.Afrontada dende ámbitos diversos, escritores, bibliotecarios, editores, ilustradores, críticos, BLOC centra o seu interese principalmente nese xénero coñecido como álbum ilustrado, un dos territorios máis dinámicos de experimentación estética nos últimos anos.
Nas súas páxinas asománse profesionais interesados no xénero e nos seus aspectos complementarios.
O NÚMERO 2 LEVA POR TÍTULO A CIDADE e conta coas achegas de Teresa Durán, Jörg Muller, Gustavo Martín Garzo, Daniel Nesquéns, Max, Elisa Arguilé, Miquel Rayó, Juan Kruz, Elena Odriozola.
Cómpre destacar que no apartado dedicado a Santiago de Compostela a autoría do texto é de Xosé A. Neira Cruz e a autoría da ilustración de Miguelanxo Prado.

XESÚS MANUEL MARCOS GAÑA O PREMIO TERRA DE MELIDE NA SÚA SÉTIMA EDICIÓN COA NOVELA A LÚA DOS EVERGLADES

Xesús Manuel Marcos, o autor dunha das novelas de xénero épico O brindo de ouro, máis significativas na narrativa xuvenil galega resultou vencedor dO VII certame de creación literaria Terra de Melide


O escritor Xesús Manuel Marcos, coa súa obra A lúa dos everglades, resultou o vencedor da sétima edición do certame de creación literaria Terra de Melide. A decisión foi adoptada por unanimidade polo xurado, presidido pola alcaldesa en funcións Ángeles Vázquez.
A obra propón unha reflexión sobre los exilios sentimentales de una familia obligada a la emigración. El jurado destacó en la obra ganadora la integración de tres historias de emigrantes, localizadas en el barrio porteño de Belgrano, en Buenos Aires, en la ciudad de Miami y en Madrid. Son tres historias que conforman un thriller de intriga, donde el autor mantiene en todo momento la tensión narrativa en las tres historias, no exentas de fuertes dosis de lirismo.

17.7.08

Kalandraka presenta en México o seu novo selo “Libros para soñar”




E, seguindo, cos camiños da nosa lix polo mundo, facémonos eco da nova incursión internacional de Kalandraka (logo da súa participación na Feira do Libro de Tokio, cidade na que vai presentar, no Instituto Cervantes, o álbum Avós), que vén de crear en México o seu novo selo “Libros para Soñar”, que se acaba de presentar no Centro Cultural de España, na capital mexicana. Esta iniciativa forma parte do proceso de internacionalización de Kalandraka, que hai apenas tres meses, coincidindo co seu décimo aniversario, inaugurou en Florencia o seu selo italiano ‘Libri per sognare’.
Ademais de manter a presenza dos títulos de Kalandraka nese país, "Libros para Soñar" contribuirá a materializar propostas de autores e ilustradores mexicanos para incorporalas ao seu catálogo plurilingüe, incidindo no obxectivo de converter Kalandraka nun proxecto editorial multicultural. A nova filial tamén distribuirá os títulos de Faktoría K de Libros, a brasileira Callis Editora e a mexicana Obranegra.
Dentro destas actividades de presentación da editora no país azteca, o ‘Museo de la Ciudad’ de Querétaro tamén acolle unha exposición de ilustradores galegos con imaxes de Óscar Villán, Federico Fernández, Alicia Suárez e mais o mexicano Gabriel Pacheco.

80.000 cartas de inverno en catalán


A nosa literatura infantil-xuvenil segue a despechar portas e abrir camiños polo mundo adiante. Os nosos escritores/as, ilustradores/as e editores/as sitúanse moitas veces na vangarda da trasmisión da nosa cultura, porque o seu gran traballo dende un país pequeno recibe cada vez máis recoñecementos, non sempre ben coñecidos entre nós. Por iso debemos felicitarnos da información da Editorial Bromera, que vén de sacar ao mercado a 18ª edición dunha das novelas máis vendidas da nosa lix, Cartas de inverno, da que, segundo informa a editora, xa se levan vendidos en catalán 80.000 exemplares! Parabéns a Agustín por tal éxito! Adiante, sempre!