23.9.08

ILUSTRACIÓNS PARA A BOLOGNA CHILDRENS BOOK´S FAIR











Un recordatorio de DATA para mandar as ilustracións á feira de Boloña, un dos eventos máis importantes do ano para autores e ilustradores de todo o mundo. A data límite de envío é o 15 de Outubro.
Recordade que se o ano próximo ides a Boloña, por participar recibiredes unha entrada.
Resumindo:
-Enviade 5 ilustracións publicadas ou non (dunha serie)
-Hai 2 categorías fiction (ficción) e non fiction (realistas)
-O tamaño máximo para ficción é de 32 x 42 cm (ou 42 x 32 cm) e para as realistas 50 x 70 cm (ou 70 x 50 cm). Descargade as etiquetas (labels) do sitio, imprímideas e pegádeas detrás das ilustracións. Cómpre mandalas a :
Illustrators ExhibitionFiction--- Non Fiction
Bologna Fiere SpaPiazza Costituzione 640128 Bologna - Italy
Cubride o formulario web (Entry Form) de pre-inscrición (non é imprescindible).

18.9.08

GALICIA COLLE O RELEVO PARA O CONGRESO DO IBBY NO 2010

Concha Pino

Galicia recolleu a pasada fin de semana en Copenhague o relevo como sede do congreso internacional de literatura infantil e xuvenil que organiza o Internacional Board on Books for Young People (IBBY) cada dous anos. A cita a nivel mundial será en Santiago do 8 ao 12 de setembro do 2010 e estará organizada pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix), adscrita á sección estatal do IBBY, e a OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil).
A vicepresidenta de Gálix, a escritora e tradutora Ánxela Gracian, encabezou a delegación que acudiu a Copenhague para recibir a testemuña como sede do vindeiro congreso, que se convoca co lema A forza das minorías e que ten como comisario ao escritor Xosé Antonio Neira Cruz. Foi el quen presentou aos numerosos asistentes a proposta galega e a intención de que o congreso de Galicia sirva de ponte entre as culturas. A forza das minorías é a frase que encabeza o cartel que se deu a coñecer ante os autores e intelectuais de todo o mundo neste encontro, que salientaron «a modernidade e forza expresiva» da obra. O autor é o ilustrador e debuxante Xan López Domínguez, que aceptou o encargo da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil de crear o póster e o logo que lucirá todo o material, despois de que declararan deserto o concurso que convocaron o pasado ano. A Copenhague levaron un avance en papel e cederrón nas tres liñas que serán oficiais no 2010 : galego, inglés e castelán,
No mesmo acto proxectaron un audiovisual sobre a cidade de Santiago e o seu significado como fin do Camiño. Pero o que provocou o maior entusiasmo entre o público foi a actuación do gaiteiro Xosé Manuel Budiño, que formou parte da comitiva galega.
Gálix, presidida por Manuel Figueiras, creouse en 1989 para promover, defender e facer cada vez máis visible a literatura infantil e xuvenil galega.

MARCOS S. CALVEIRO, PREMIO O BARCO DE VAPOR 2008


Marcos S. Calveiro, Premio O Barco de Vapor coa novela 'O canto dos peixes'


O escritor arousán Marcos Sánchez Calveiro resultou gañador da 24 edición do Premio O Barco de Vapor, dotado con 10.000 euros e a publicación da obra, coa súa novela O canto dos peixes, segundo informou este luns a Fundación SM, organizadora do certame.
O xurado, formado por Xavier Senín, Manuel Figueiras, actual presidente de Gálix e Isabel Soto, sinalou que a novela premiada ten "unha escritura de gran valor literario, cun léxico moi rico sobre o mar". Ademais, na acta figura que a obra "reivindica a importancia do mar para a sociedade galega que, en ocasións, lle deu as costas ".
Segundo o propio autor, O canto dos peixes é "unha novela contemporánea" que relata a amizade entre un vello mariñeiro e un neno marcinal. "É unha historia con matices fantásticos e cunha trama simbólica sobre un mar que morreu. As personaxes intentarán descubrir o conxuro que poña fin a esta maldición.”O Premio O Barco de Vapor busca desde 1984 potenciar a creación de literatura infantil e xuvenil en galego que fomente o gusto pola lectura e que transmita uns

15.9.08

PREMIOS ASAHI READING PROMOTION













O Premio IBBY-Asahi de Promoción da Lectura, creado pola Organización Internacional do Libro Juvenil e patrocinado pola compañía xornalística japonesa Asahi Shimbun, outórgase a proxectos desenvolvidos por grupos ou institucións cuxas actividades se consideren unha achega perdurable á promoción da lectura para nenos e mozos.
A partir de 2006, o Premio outórgase cada dous anos a dous proxectos e entregáselles aos gañadores durante o Congreso bienal de IBBY. O xurado da presente edición seleccionou dous gañadores entre os once nominados debido a que todos os proxectos se distinguían polos seus méritos e constituían un complemento á Misión institucional de IBBY. Cada un dos proxectos nominados está dirixido a nenos que viven en ámbitos carenciais con escasa ou nula posibilidade de acceso a libros.
Os proxectos nominados para o Premio IBBY-Asahi 2008 foron:
Proxecto de apoio SLAV / KwaZulu Natal, Sudáfrica, proposto por IBBY Australia.
Biblionef, Cidade do Cabo, Sudáfrica, proposto por IBBY Canadá.
Biblioteca Bedrich Benes Buchlovan: A noite con Andersen, República Checa, proposto pola Sección Checa de IBBY.
Society for All Round Development (SARD): Proxecto de bibliotecas en pequenas comunidades, Nueva Delhi, India, propisto por IBBY India, con apoio de IBBY Nepal.
Acción con Nenos Laosianos, Xapón / Laos, proposto por IBBY Xapón.
Grupo Cerro Largo de Promoción da Lectura, Uruguai, proposto por IBBY Holanda.
Tamer Institute for Community Education: Campaña Nacional de Lectura, Ramallah, Palestina, proposto por IBBY Palestina con apoio de IBBY Suecia.
Fundación Taller de Letras Jordi Sierra i Fabra, Medellín, Colombia, proposto por IBBY España.
Editions Bakame, Libros para nenos en Rwanda, proposto por IBBY Suiza con apoio de IBBY Alemaña e IBBY Holanda.
Proyecto de desenvolvemento da lectura do Akili Trust, Gran Bretaña / Kenya, proposto por IBBY Gran Bretaña.
Proxecto Biblioteca Lubuto, EE.UU. / Zambia, proposto por IBBY EE.UU.


Sobres estes proxectos, o Xurado distinguiu como gañadores do Premio IBBY-Asahi de Promoción de Lectura 2008 a:
O Proxecto de Promoción de Lectura implementado por Acción con Niños Laosianos: A guerra civil e revolución en Laos a fins da década de 1970 obrigou a unha gran cantidad de refuxiados a fuxir da península de Indochina. A señora Chanthasone Inthavong, nativa de Laos pero que nesa época vivía en Xapón, considerou que limitarse a aceptar os refuxiados non era suficiente para resolver os seus problemas básicos. Por iso, en 1982 fundou a Asociación para Enviarlibros-álbum a Niños Laosianos. Ao principio, a organización enviaba libros para nenos, libros-álbum e útiles escolares xaponeses aos nenos laosianos. Tempo despois, en 1990, a asociación comezou a enviar produtos para colaborar coa publicación de libros laosianos creados por autores e artistas nacionais. As actividades que comezaran en Japón espallárosne ampliamente en Laos. Na actualidade, 25 anos despois, a Asociación transformouse nunha Organización Non Gobernamental baixo o nome Acción con Nenos Laosianos, que promove a alfabetización e defiende os dereitos dos nenos en Laos. Desde entón, publicáronse aredor de 620.000 exemplares de libros para nenos en idioma laosiano. O proxecto reuniu a Biblioteca Nacional de Laos e ao Ministerio de Educación, que apoia o Proxecto Nacional de Promoción de Lectura como unha das súas prioridades nacionais. Co fin de concretar as metas e objetivos do proyecto desenvolvéronse numerosas actividades relacionadas coa lectura.
Editions Bakame, Libros para nenos en Rwanda: Logo dogenocidio de 1994 en Rwanda, Agnes Gyr-Ukunda fundou Editions Bakame en 1995 como editorial independente e sen fins de lucro destinada a nenos e mozos. O seu obxectivo consiste en brindar aos nenos libros en kinyarwanda, a lengua nacional que manexan todos os ruandeses, para axudarlles a superar os horrores do xenocidio mediante lectura saudable sustentada pola súa cultura. É a primeira editorial rwandesa que ofrece literatura para nenos e mozos que ofrece literatura en kinyarwanda. Bakame publica contos, textos informativos, novelas paramozos e libros-álbum. Ao mesmo tempo, traballa na recuperación da literatura de tradición oral á que dá forma escrita, na promoción dunha cultura lectora en Rwanda e na capacitación de autores e ilustradores por medio de obradoiros e ofrecéndolles a oportunidade de publicar as súas obras. Desde 1995, Bakame publicou 30 títulos cunha tiraxe total que supera os 450.000 exemplares.
O xurado da edición 2008 estivo integrado por Elda Nogueira (Brasil) como presidente, Hannelore Daubert (Alemaña), Reina Duarte (España), Ann Lazim (Gran Bretaña), Ahmad Redza (Malasia) e Ira Saxena (India).
A suma de 10.000 dólares correspondente a cada proxecto gañador foi entregada en Copenhague, Dinamarca no marco do 31º Congreso de IBBY durante un encontro especial de carácter festivo que tivo lugar o martes 9 de setembro de 2008.


Institucións e proxectos gañadores do Premio IBBY-Asahi de Promoción da Lectura entre 1988 e 2008
1988 - Banco do Libro (Venezuela).
1989 - Portable Library Project (Thailandia).
1990 - Home Libraries Project (Zimbabwe).
1991 - AWIC Children’s Library Project (India).
1992 - Opération Lecture Publique (Mali).
1993 - Grupo de Animación a la Lectura (España).
1994 - Portable Library Project (Líbano).
1995 - Fundalectura (Colombia).
1996 - The Little Library (Sudáfrica).
1997 - Lis avec moi! (Francia).
1998 - Fureai Bunko Braille Library (Xapón).
1999 - Biblioteca sobre Rodas para a Non Violencia e a Paz (Palestina-Israel).
2000 - Tambogrande Siembra Lectura (Perú).
2001 - Programa para el Desarrollo de la Lectura en la Infancia 1992-2002 (Pechenga, Rusia).
2002 - Programa Por El Derecho a Leer del CEDILIJ (Argentina).
2003 - Programa “Bibliotecas Hermanas” (Cochabamba, Bolivia).
2004 - Proyecto First Words in Print (Primeras palabras impresas) (Sudáfrica).
2006 - Proyecto de Biblioteca Móvil para los Niños de Mongolia y Fundación ABCXXI-Programa de Salud Emocional: “Toda Polonia lee para los niños”.

GALIX EN COPENHAGUE


A ASOCIACIÓN GALEGA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL, GÁLIX, VIAXA A COPENHAGUE PARA A PRESENTACIÓN DO 32º DE IBBY QUE TERÁ LUGAR EN SANTIAGO DE COMPOSTELA


A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, GÁLIX, subsección de OEPLI, sección española de IBBY, fundada en 1989 para promover, defender e visibilizar a literatura infantil e xuvenil galega, cuxo actual presidente é Manuel Figueiras, viaxa a Copenhague para asistir ao 31º Congreso de IBBY (Internacional Board on Books for Young People) que se está a celebrar na capital danesa os días 7, 8, 9 e 10 de setembro. Como vén sendo habitual nos congresos de IBBY é durante o acto de clausura cando se entrega a testemuña ao seguinte país organizador e, polo tanto, cando ten lugar presentación do seguinte congreso de IBBY, neste caso o 32º Congreso de IBBY que terá lugar dentro de dous anos en Santiago de Compostela. O 32º Congreso de IBBY, que conta co apoio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, está comisariado polo escritor Xosé A. Neira Cruz e reunirá en Compostela a máis de setecentos escritores e ilustradores, críticos, estudosos da literatura infantil e xuvenil de todo o mundo.
A Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, GÁLIX, será a sección encargada de representar a OEPLI e a IBBY en Galicia e prestará tamén apoio loxístico na organización do dito congreso. A súa vicepresidenta, a escritora Ánxela Gracián, celebra con entusiasmo a estupenda acollida que está acadando a presentación do congreso na capital danesa. “Estamos tendo un éxito incrible. Levamos uns tres mil programas impresos en papel, nas tres lenguas oficiais do Congreso, o galego, o inglés e o español para entregar aos asistentes; tamén presentamos o póster do cartel realizado polo ilustrador Xan López Domínguez en varios tamaños e formatos e son moitos os que nos felicitan pola súa modernidade, actualidade e forza expresiva. A Consellería subvencionou tamén unha versión do programa en cdRom que está sendo moi ben acollida, así como outros elementos de merchandising, papelería, chapas, pins, etc. Estamos moi contentos porque vemos que o congreso de Santiago está suscitando moita expectación e entusiasmo por parte dos asistentes. A cidade, tanto pola súa ubicación xeográfica como fin dun camiño mítico, como polo seu glorioso pasado monumental e arquitectónico, está a se sentir como unha cita ineludible. Tamén é moi aplaudido o lema do Congreso, A Forza das Minorías” así como a altura do Comité Científico, formado por intelectuais de todo o mundo vinculados con estrategias de desenvolvemento de literaturas en situación desfavorecida.”
A invitación ao próximo congreso terá lugar nun acto público no que o comisario, o escritor Xosé A. Neira Cruz, establecerá unha ponte cultural e histórica entre todos os países que integran IBBY, presentará o lema do congreso “A forza das minorías” que tan ben define a situación das literaturas en lenguas minoritarias, para finalmente concluír convidando a todos os participantes a participar porque “hai un camiño marcado nas estrelas que conduce a Compostela, cita ineludible en 2010.” O acto estará presidido pola actuación do gaiteiro Xosé Manuel Budiño.

FALECE ANA PELEGRÍN, UNHA DAS MAIORES ESTUDOSAS DO FOLCLORE ORAL




FALECE A ESTUDOSA DO FOLCLORE ORAL A ARXENTINA AFINCADA EN MADRID, ANA PELEGRÍN, AÍNDA QUE A SÚA OBRA SEMPRE QUEDARÁ CONNOSCO




VOLVEMOS das vacacións e atopamos unha mala nova para a LIX . (ver noticia de Felicidad Orquín y Rosana Torres en El País). O 11 de setembro faleceu Ana Pelegrín, investigadora, narradora, actriz, filóloga, antóloga, experta en narración oral...


Cada cual atienda su juego (reeditada por Anaya en 2008) é un estudo sobre os xogos infantís tradicionais na literatura. "Infancia-juego-poesía, espejo en el que me reconozco y crezco", escribe na súa introdución.


Escoitar, recompilar, editar contos e memorias de tradición oral . Reivindicación da palabra no sentido primixenio. A palabra para xogar, para aprender, para recoñecerse. A tradición oral, tantos contos axeitados para contar. O conto de El gallo pelao:


"¿Quieres que te cuente el cuento / del gallo pelao / que nunca se acaba / y ahora se ha acabao?"


Tamén compilou o Libro de estampas, La flor de la maravilla, Tradición y literatura hispánica, ou a prestixiosa selección de Poesía española para niños, Repertorio tradicional infantil sefardí, Huerto del limonar, Repertorio de antiguos juegos infantiles ou Letras para armar poemas.


Velaquí incluímos unha entrevista extraída da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, onde fican para sempre inmortais as palabras de Ana Pelegrín. Grazas por todo, Ana, para ti para sempre onde queira que esteas.