O comité de expertos no apartado ao mellor Álbum Ilustrado estivo composto por Pablo Jurado, Teresa Duró, Oscar Villán e Jon Zabaleta, designados por cada unha das seccións da Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil, e baixo a presidencia de Itziar Zubizarreta como máxima responsable da mesma, actuando como secretaria Ana Cendán, posto que ocupa tamén na OEPLI.
El Príncipe de los enredos, de ROGER OLMOS foi merecedor do premio ao mellor Álbum Ilustrado 2008.
Roberto Aliaga narra a historia dun corvo que, enleando a uns e a outros, acada o máis desprezable dos seus propósitos. Tardaremos en poder ver a edición desta obra, pero seguro que a todos e todas se nos fai coñecida a historia...
Entrementres, e para abrir boca, velaí vai un adianto

Cando o plan do corvo chega á súa fin, o seu corpo se vai envilecendo ao tempo que os seus bos modais se esvaecen... Haivos moitos corvos coma este!
O xurado cualificador do Premio "Lazarillo-2008" na modalidade de Creación Literaria, conformárono Gloria Fernández, Laia Ventura, Mª Teresa Leis e Mikel Ayerbe. Actuou como secretaria, sen voz nin voto Ana Cendán, e como presidenta Itziar Zubizarreta.
O contista alacantino PABLO ALBO fíxose co galardón nesta categoría con Diógenes. Na obra, Diógenes fálanos da súa familia e das súas afeccións -un algo particulares-. Fálanos do costume do acopio, como lle chama o pai. Os avós coñecéranse recollendo pozas os días de chuvia; a irmá maior acumula obxectos inservibles; o irmán pequeno calquera cousa que se poida contar; os pais calquera cousa que poida contar o irmán pequeno; o tío carteiro colecciona cartas de amor; Diógenes, de todo: un submarino, una duna, un bosque de eucaliptos, cincuenta e sete boias coas súas cincuenta e sete campás..."























