2/2/09

Premio Pura e Dora Vázquez de ilustración para David Pintor


O ilustrador, humorista gráfico, caricaturista e pintor David Pintor (A Coruña, 1975) resultou gañador do Premio Pura e Dora Vázquez de ilustración, que convoca a Deputación de Ourense, dotado con 3.000 euros. Unha serie de dez debuxos aportarán a lectura gráfica ao texto gañador da sexta edición do certame literario, a novela Encontro ás agachadas, de Concha Blanco.
Coñecido polos seus traballos na prensa en colaboración co guionista Carlos López baixo o pseudónimo de Pinto&Chinto, é autor tamén dunha importante obra gráfica no ámbito da literatura infantil-xuvenil con títulos como Suca (2001) Historia de Román, o bombeiro (2005), O pequeno da familia fantasma (2005), Unha bruxa ben rara (2007), Miña avoa ten trece anos (2007), Minimaladas (2007), Novas minimaladas (2008) ou Lendas da noite de San Xoán (2008).
A institución provincial editará o libro na primavera, que será distribuído gratuitamente ne bibliotecas e centros educativos.

0 comments: