14.1.11

SOCIO DE HONRA DE GÁLIX: XOSÉ NEIRA VILAS


A directiva de Gálix acordou instaurar a figura de Socio de Honra.
Cada ano, un escritor ou unha escritora de sona internacional recibirá este galardón.

Nesta ocasión a presente directiva decidiu por unanimidade escoller a Xosé Neira Vilas como Socio de Honra.

O vindeiro 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, celebrarase un acto na cidade de Santiago de Compostela para facer entrega do galardón.

Xosé Neira Vilas mostrouse moi emocionado cando recibiu a chamada de Francisco Castro e Concha Blanco anunciándolle a nova.

Parabéns, Xosé!

3 comentarios:

Helena dijo...

Parabéns a vós por lle outorgar este galardón e a el por recibilo.

Gálix dijo...

É unha ledicia compartida por tod@s.
Moitas grazas, Helena

Eva dijo...

Unha excelente elección, sen dúbida! El, que tanto fixo pola LIX...