8.3.11

ESCRÍBELLE UNHA CARTA A XOSÉ NEIRA VILAS


O vindeiro 1 de abril, na Biblioteca González Garcés da Coruña, ás 11 da mañá, Gálix entregará ao escritor Xosé Neira Vilas o título que o acredita como Socio de Honra da nosa asociación. Os actos da entrega, nos que participará o autor de Gres, están enmarcados na inauguración dunha mostra de cubertas arredor das distintas edicións en distintas linguas de "Memorias dun neno labrego" e que organiza a Direción Xeral do Libro.

Ademais de invitarvos a este fermoso acto, queremos convidarvos a que lle escribades unha carta a Neira Vilas: sobre Balbino, sobre o que supuxo a súa obra para vós, sobreo propio Neira Vilas...

Deste xeito, aproveitaremos tamén este acto para facerlle entrega ao autor de todas as cartas que recibamos. Será un fermoso agasallo para el.

Podedes enviar as vosas cartas á sede de Gálix: R/ As Galeras 17-1, local 1, 15705 (Santiago de Compostela), ou ben facérnolas chegar directamente por un mail a: galix@galix.org