Se és socio de GÁLIX convidámoste para que antes do vindeiro 5 de marzo nos remitas unha única proposta para a Mellor obra de literatura infanto-xuvenil editada no ano 2011 ao seguinte contacto (sempre con identificación do/a remitente): galix@galix.org. Se aínda non és socio, a que esperas para poder votar?
Co conxunto das propostas dos socios/as de Gálix e dos socios/as da AELG elaborarase a listaxe de finalistas desta categoría, que se fará pública o día 9 de marzo na web da Aelg, no blog de Gálix e a través dos medios de comunicación, abríndose ese mesmo día a segunda fase do proceso de selección.
Aos socios/as de Gálix enviaráselles unha carta cun cartón de votación coa lista de finalistas, dos que se escollerá só un/unha, e remitirase á oficina de Gálix. Contabilizaranse os votos recibidos antes do 1 de maio.
O fallo darase a coñecer no marco da Cea das Letras, que terá lugar o día 5 de maio no Hotel Porta do Camiño de Santiago de Compostela, e materializaranse nunha pluma estilográfica e nunha peza escultórica.
¡ANÍMATE!
No hay comentarios:
Publicar un comentario en la entrada