13.2.12

Don Germán Sánchez Ruipérez falece ós 85 anos de idade

Dende Gálix queremos sumarnos á oleada de homenaxes que a sociedade, e sobretodo os ámbitos educativo e cultural, están a impulsar con motivo do pasamento de Don Germán Sánchez Ruipérez. Con el, desaparece un dos máis grandes empresarios da edición española, creador e presidente, durante case corenta anos, do Grupo Anaya e da Fundación que leva o seu nome, a máis sinalada institución filantrópica española en pro do libro e da cultura lectora.


Sánchez Ruipérez desenvolveu unha gran labor na financiación de proxectos adicados ó fomento da lectura e á análise dos comportamentos culturais da sociedade española e iberoamericana. Unha das súas preocupacións foi o desenrolo da cultura do libro infantil, labor da que se nutren a meirande parte das bibliotecas e asociacións culturais do noso país.