
Hai selvas-illa, selvas-montaña e selvas-trampolín. En cada selva, claro, hai un lobo. Tamén un alce e un caribú. O lobo pasa os días a correr atrás deles, ata que os pilla e os come. Entón, busca outra selva.
Nesta selva, non había lobo nin alce nin caribú, pero tiña unha árbore no alto dun outeiro. Unha árbore que non era como as outras: falaba. Non se lle entendía nada, pero falaba.
—Nunca vira unha árbore tan pouco árbore –dixo o lobo.
A ÁRBORE TAN POUCO ÁRBORE é a última obra do escritor e ilustrador Miguel A.Pérez Arteaga. A súa técnica baséase en aproveitar o refugallo que o mar trae á beira da praia para dar vida a esta historia,
unha fantasía que axuda a ampliar a capacidade perceptiva e a desenvolver a sensibilidade estética. Moi recomendade para nenas e nenos de 5 a 8 anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario en la entrada