MORGANA A DOS OLLOS VERDES
Xa non sei como explicarllo á xente: non son a famosa Morgana, a fada de Merlín, senón Morgana, a dos ollos verdes. Acabo de comezar o terceiro trimestre do último curso de Primaria e xa vai sendo hora de decidir o que quero ser de maior. A avoa di que vou ser ministra, porque son moi espelida, pero iso é o que din todas as avoas. A min gustaríame ser xornalista deportiva, para poder entrar en todos os partidos de baloncesto. Aínda non teño mozo mozo, pero Berenguel escribiume unha cuarteta de amor. Non sei que pasa, pero cando nos atopamos, aos dous nos entra a desesperación amorosa e quedamos tesos coma un pau.
Xa está nas librarías a derradeira entrega da serie
Morgana de
Pasqual Alapont. Unha lectura especialmente recomendada para os rapaces e rapazas que gocen das aventuras e de valores tan necesarios coma a amistade e o amor. As ilustracións, versátiles e cercanas, son obra de
Montse Español Rodié.
No hay comentarios:
Publicar un comentario en la entrada