O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo e o presidente de Gálix, Francisco Castro presentaron o pasado martes 13 de marzo, na biblioteca nodal de Pontevedra “Galician Books for Children and Young Adults 2012”. Coa edición deste catálogo, a Xunta colabora coas empresas editoriais galegas e cos creativos vinculados á edición para que poidan colocar a súa produción no mercado internacional. A obra distribuirase a través de feiras internacionais do libro e tamén está dispoñible en versión electrónica no web da Consellería de Cultura e Educación. Tedes o enlace á nova AQUÍ.

No hay comentarios:
Publicar un comentario en la entrada