O Garaxe Hermético, na rúa Álvaro Cunqueiro-4, de Pontevedra é a nova Escola Galega de Banda Deseñada e Ilustración que Kiko Da Silva vén de inaugurar o pasado 21 de abril. Chamáronlle así, por rendirlle homenaxe ao autor Moebius que faleceu en marzo deste ano. Nesta escola concéntranse os ilustradores Norberto, Jacobo Fernández, Fernando Iglesias e Miguel Porto. Eles cinco serán os profesores dos tres anos de formación que se imparten, ademais de coordinar outras actividades, como master clases ou talleres puntuais. O centro acollerá tamén a sede da revista Retranca e será un punto de partida e asesoramento para os novos talentos na banda deseñada e na ilustración. Contan con todo o apoio do sector e significa un gran paso adiante na profesión.

1 comentario:
Parabéns! Muito bom!
Sucesso :)
Andréa
Publicar un comentario en la entrada