28.4.12

XII Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago

COMEZA A XII CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA DO CONCELLO DE SANTIAGO CON ACTIVIDADES PARA TODOS OS PÚBLICOS ATA O 31 DE MAIO.

“Unha viaxe de ida e volta” propón un percorrido en historias e imaxes a través de todo o mundo.“Unha viaxe de ida e volta” é o lema da XII Campaña Municipal de Animación á Lectura que se realizará ata o 31 de maio na Galería Sargadelos de Santiago, organizada polo Departamento de Educación do Concello de Santiago e Kalandraka. Como en edicións anteriores, ofrece sesións de contacontos, obradoiros de escrita creativa e ilustración, e visitas guiadas pola exposición de ilustracións, libros e elementos tridimensionais. Compleméntase con sesións de contos para bebés, narración de contos con música para familias, e actividades formativas para o persoal dos centros de ensino.