8.5.12

Vai unha de Premios: AELG 2012.

O pasado 5 de maio, en Lalín, entregáronse os Premios AELG 2012, que premian as mellores obras editadas en 2011, e que se veñen de fallar na Cea das Letras da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Estes son os gañadores:

Literatura Infanto-Xuvenil:
Fantasmas de luz, Agustín Fernández Paz, Xerais.
Mellor traxectoria de Xornalismo Cultural en 2011:
Bieito Iglesias.
Mellor Blog Literario:
As crebas, Miro Villar.
Tradución:
Sonetos de Shakespeare, Ramón Gutiérrez Izquierdo, Xerais.
Narrativa:
Laura no deserto, Antón Riveiro Coello, Galaxia.
Teatro:
Chegamos despois a unha terra gris, Raúl Dans, Xerais.
Ensaio:
Vivir, unha aventura irrepetíbel. Biografía de Mª do Carme Kruckenberg, Mercedes Queixas Zas, Galaxia.
Poesía:
Leopardo son, Pilar Pallarés, Espiral Maior.

Agradecemos a todos aqueles socios e socias que participaron nos procesos de selección e votación das obras, pois coa súa colaboración axudan a mellorar a divulgación do esforzo creativo en lingua galega, sendo éste un dos obxectivos priotarios da AELG.