No marco das actividades realizadas con motivo da celebración do 2012 Ano Galego do Alzhéimer na Biblioteca Municipal Ágora de A Coruña, o escritor Francisco Castro presenta o seu libro Chamádeme Simbad. Estará acompañado por Cristina Ameijeiras, directora da biblioteca, e pola bibliotecaria Eva Vieites. Terá lugar o vindeiro 29 de maio ás 18:00h.
24.5.12
Presentación de A PRINCESIÑA QUE CONDUCIA UNHA LOCOMOTORA
A editorial Galaxia comprácese en convidarnos á presentación do libro A PRINCESIÑA QUE CONDUCÍA UNHA LOCOMOTORA, de Clara do Roxo. Participan na presentación Francisco Castro, editor, Ledicia Costas, escritora e a autora Clara do Roxo. Terá lugar o vindeiro venres dia 25 de maio ás 19:00h na tenda infantil Tía Tata, na rúa Ramón González 33 de O Porriño.
I Xornadas de Literatura Infantil e Xuvenil en Extremadura
Do 31 de maio ao 1 de xuño de 2012 terán lugar en Miajadas (Extremadura) as I Xornadas de Literatura Infantil e Xuvenil. Están destinadas a docentes, familias e alumnos. Aquí tedes o enlace para saber máis.
15.5.12
Recén chegado de Kalandraka: Artur e Clementina.
Hai máis de trinta anos, Adela Turín comezou a publicar en Italia a colección «Dalla parte delle bambine», que ao pouco tempo foi editada en España por Esther Tusquets, co título «A favor de las niñas». Converteuse nunha serie de referencia para a coeducación e a igualdade, e foi traducida a varias linguas. A pesar do tempo transcorrido, na actualidade estes libros teñen plena vixencia e seguen sendo necesarios.
O afecto e a ilusión que caracterizan o inicio da relación entre Artur e Clementina, acaban converténdose en monotonía e prisión. Clementina non se sinte realizada, libre e feliz; a súa parella subestima as súas cualidades e ridiculiza as súas aspiracións. En vez de ofrecerlle comprensión e respecto, a actitude de Artur anula a súa personalidade e xenéralle unha dinámica de dependencia, ao sobrecargala de obxectos materiais que non satisfan a súa ansia de desenvolvemento persoal.
Unha historia fabulada que -como “Rosa Caramelo” e outros títulos da colección- pretende reivindicar o rol feminino na sociedade, erradicar os estereotipos sexistas e a discriminación, para cambiar mentalidades e construir un mundo mellor.
O NENO CAN: Presentación na Biblioteca Ánxel Casal
O mércores 16 de maio ás 12:30 na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación de O NENO CAN.
Ademais dos autores, Fina Casalderrey e Francisco Castro, intervirán a ilustradora Patricia Castelao e o director xeral de Galaxia Víctor F. Freixanes, acompañado do presidente de UNICEF de Galaxia Manuel Sánchez Macho.
Ven coñecer as historias de Aakesh, Nadim, Altair, Leila, Carlos...
Un libro a favor de UNICEF.
8.5.12
Últimas publicacións de Xerais
A NENA DE AUGA E O PRÍNCIPE DE LUME. XABIER P. DOCAMPO
¿Como se fai un conto? Primeiro tes que ter a quen llo contar e, logo inventalo. ¿Ti cres que coa auga e o lume pode facerse un conto? Proba a ver se es capaz. Verás que non é tan fácil xuntar a auga e o lume.
Esta nova edición de A nena de auga e o príncipe de lume, integramente correxida polo autor, Xabier P. Docampo, ofrece dous contos inéditos e presenta finais adicionais en cada un deles. Así mesmo, todas as ilustracións foron realizadas de novo para esta edición. Lectura recomendade para 7 anos en adiante.
A TORRE DAS LAVERCAS. DANIEL AMEIXEIRO.
A Torre das Lavercas era unha casa cunha cheminea moi grande e papá puxéralle ese nome porque había moitos niños de lavercas nos arredores. Eu tiña seis anos cando marcharamos dela, e dende aquela xa cambiaramos de casa outra vez máis. Agora estábamos a recoller as cousas para outro novo cambio, iamos a outro barrio da cidade.
A obra de Daniel Ameixeiro ilustrada por Irene Fra está recomendada para rapaces e rapazas de 11 anos en adiante.
VALENTÍN PAZ ANDRADE. VIDA E OBRA. CHARO PORTELA YÁÑEZ.
Valentín Paz Andrade. Vida e obra pretende ofrecer un amplo percorrido pola vida do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2012 e pola súa inmensa obra. Esta obra de referencia da Editorial Xerais inclúese dentro da colección Letras Galegas.
Novo Boletín Rexional Europeo na Web do IBBY
Dende a Secretaría do IBBY envíannos esta nota, que temos a ben compartir con todos vós:
"Para as Seccións Nacionais en Europa e o Comité Executivo do IBBY:
Queridos amigos:
O novo Boletín Rexional Europeo está listo e dispoñible na páxina Web do IBBY no seguinte enlace:http://www.ibby.org/fileadmin/user_upload/european_newsletter_4-12/IBBY_European_Newsletter_April_2012.htm
Ademáis doutras publicacións que tamén están dispoñibles na Web no apartado Boletines Rexionales. Por favor comparta este boletín cos membros da súa Sección Nacional, así como cos amigos que están interesados no traballo do IBBY.
Cos mellores desexos da Secretaría do IBBY"
Tamén nos animan a buscar IBBY Europa en Facebook e solicitarlles amizade. Así enterámonos mellor de todas as novas. Xenial idea.
"Para as Seccións Nacionais en Europa e o Comité Executivo do IBBY:
Queridos amigos:
O novo Boletín Rexional Europeo está listo e dispoñible na páxina Web do IBBY no seguinte enlace:http://www.ibby.org/fileadmin/user_upload/european_newsletter_4-12/IBBY_European_Newsletter_April_2012.htm
Ademáis doutras publicacións que tamén están dispoñibles na Web no apartado Boletines Rexionales. Por favor comparta este boletín cos membros da súa Sección Nacional, así como cos amigos que están interesados no traballo do IBBY.
Cos mellores desexos da Secretaría do IBBY"
Tamén nos animan a buscar IBBY Europa en Facebook e solicitarlles amizade. Así enterámonos mellor de todas as novas. Xenial idea.
Vai unha de premios: Festival Internacional de Literatura Infantil de Sharjah
David Pintor foi distinguido co 2º Premio de Ilustración o pasado 2 de maio no Festival Internacional de Literatura Infantil celebrado en Sharja, en Emiratos Árabes Unidos. O ilustrador galego recolleu este galardón que premia o traballo realizado en colaboración con Antonio Rubio na obra Almanaque Musical publicado por Kalandraka. O traballo de Pintor puido verse tamén en Sharjah no marco dunha exposición organizada polo festival.
Vai unha de premios: Saló de Cómic de Barcelona 2012
O xurado do Saló de Cómic de Barcelona 2012 decidiu distinguir a José Domingo por Aventuras de un oficinista japonés e a Lola Lorente por Sangre de mi sangre, con dous dos premios máis relevantes, mellor cómic español do ano no caso do primeiro e mellor autora revelación para a segunda. Ambos están afincados en Galicia aínda que ningún naceu aquí, pero non só isto os une, senon que os dous foron premiados no 30 aniversario de Ficómic no que se premiaba Arzak -do xa consagrado Moebius- como mellor cómic internacional.
Vai unha de Premios: AELG 2012.
O pasado 5 de maio, en Lalín, entregáronse os Premios AELG 2012, que premian as mellores obras editadas en 2011, e que se veñen de fallar na Cea das Letras da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Estes son os gañadores:
Fantasmas de luz, Agustín Fernández Paz, Xerais.
Mellor traxectoria de Xornalismo Cultural en 2011:
Bieito Iglesias.
Mellor Blog Literario:
As crebas, Miro Villar.
Tradución:
Sonetos de Shakespeare, Ramón Gutiérrez Izquierdo, Xerais.
Narrativa:
Laura no deserto, Antón Riveiro Coello, Galaxia.
Teatro:
Chegamos despois a unha terra gris, Raúl Dans, Xerais.
Ensaio:
Vivir, unha aventura irrepetíbel. Biografía de Mª do Carme Kruckenberg, Mercedes Queixas Zas, Galaxia.
Poesía:
Leopardo son, Pilar Pallarés, Espiral Maior.
Agradecemos a todos aqueles socios e socias que participaron nos procesos de selección e votación das obras, pois coa súa colaboración axudan a mellorar a divulgación do esforzo creativo en lingua galega, sendo éste un dos obxectivos priotarios da AELG.
Nova Monografía en ANIIJ
Queridos socios e amigos:
ANILIJ e a Universidade do Minho presentan a súa nova monografía que constitúe o 2º volume da Colección "Estudios".
Literatura Infantil y Juvenil y Diversidad Cultural / Literatura para a Infância e Juventude e Diversidade Cultural. Fernández Mosquera, Ana y Rui Ramos (Eds.) .Vigo/Braga: ANILIJ/CIEC-Universidade do Minho. ISBN: 978-972-8952-21-1.
Recomendamos expresamente a lectura do artigo de Pena Presas, Montserrat (Universidade de Santiago de Compostela). Tensión nacional y modelos identitarios en la literatura infantil y juvenil gallega de la década de los 80, que se inclúe nesta publicación.
A noite que Max vestiu o seu traxe de lobo....
Hoxe deixounos Maurice Sendak, á idade de 83 anos, para marchar navegando "a través das noites e dos días, semana tras semana, durante case un ano enteiro, ata chegar ao lugar onde viven os monstros".
Este recoñecidísimo autor e ilustrador estadounidense foi galardonado coa medalla Caldecott en 1964 e o premio Boston Globe-Horn en 1981. En 1970 recibiu o Premio Andersen e máis recentemente en 2003 acadou o Premio Internacional Astrid Lindgren de Literatura Infantil xunto con Christine Nostlinger.
O New York Times elexiu Onde viven os monstros (1963) como mellor libro ilustrado da época e foi título destacado pola Asociación Americana de Bibliotecas. Dende entón convertiuse nunha das obras infantís máis vendidas, prestadas e traducidas a outras linguas.
A editorial Kalandraka publicou en xaneiro de 2010 unha terceira edición e Spike Jonze rodou a versión cinematográfica. Sen dúbida un autor que, sen estar exento de polémicas durante toda a súa traxectoria, soubo postularse coma un dos grandes clásicos da literatura infantil de todos os tempos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











